

A TÚA HORTA
A xente que o coñece ben sabe que unha das súas paixóns é a agricultura. En que momento decidiu ter o seu propio cultivo?
"Aprendín a cultivar co meu pai cando era ben mozo. Daquela era preciso traballar. Posteriormente, comecei a ter gusto por coidar a horta e a viña, plantar árbores e podalos. O que comezou sendo unha obrigación, rematou sendo unha das miñas principais aficións. Cando conseguín un terreo propio, non dubidei en traballalo para obter o meu propio produto. Actualmente, teño plantadas leitugas, berza galega, berza branca, tomate, cabaza, cebola, pemento, feixón verde, berenxena, calabacín, nabos, repolos, pementos e todo tipo de frutais".
Que abono emprega?
"Pois todo o que emprego é orgánico. Non quero químicos na comida que vou ter no prato. Emprego rastroxos da poda, materia orgánica da casa e do que recollo do galiñeiro".
Cal cre que é o segredo que precisa calquera agricultor para que os seus produtos sexan éticos, 100% naturais e saudables?
"Directamente, non utilizar produtos químicos para evitar plagas e para conservalos. É dificil competir nun mercado de transxénicos e verduras que brillan con dúas capas de cera. O principal problema é o económico. Mais no meu caso, que é para consumo propio, este tipo de cultivo natural é idóneo".
Produtos transxénicos VS. produtos naturais. Quen debería gañar a batalla?
"Escoitar a palabra transxénicos dame escalofríos polo medo que me provoca falar da modificación xenética. Non preciso dicir máis porque me parece impresentable que se xogue con distinos factores cando quizais estamos deixando en risco a saúde da humanidade, xa perxudicada por outros tipos de contaminación".

José María Noguerol Iglesias ten 59 anos e traballa tanto a súa finca no Pereiro de Aguiar como a súa viña na Ribeira Sacra, por hobbie. José María é profesor de tecnoloxía na ESO e respóndenos a varias preguntas sobre a súa faceta como agricultor.
