pemento
Coñecido como Pemento Morrón, non ten o sabor picante que caracteriza á especie (Capsicum). Nativos de México, América Central e do norte de Sudamérica. Actualmente a súa maior produción dáse en China.
Tamén coñecido como pemento choricero, considérase unha verdura, e é consumida como tal. As variedades coñecidas actualmente, caracterizadas por ser grandes e doces, déronse no século XXI a partir da seleción humana de variedades naturais.
Os verdes mudan de cor pasando á amarelo, laranxa e finalmente vermello. Cando maduran collen un sabor máis doce e enriquéncense en vitamina C (cando esté verde está menos doce). Tamén existen outras variedades moradas, azuis e incluso brancas. Son de gran tamaño e posúen unha forma entre cadrada e rectangular.