
REPOLO
O repolo é cultivado anualmente. As súas diferentes variedades obtivéronse a partir da especie silvestre. Existen dúas variedades: temperás e tardías. As temperás maduran en 50 días aproximadamente, son cogollos pequenos e destínanse ao consumo inmediato. As tardías maduran aos oitenta días, son cogollos moito maiores e destínanse á provisión invernal. Pódese consumir cocido, encurtido e crudo. É necesario un chan ben drenado e húmido. En ocasións engádeselle cal, pero esta pódese omitir se antes foron plantados chícharos. Na súa etapa de crecemento precisan moito nitróxeno. Recoméndase meter gran cantidade destos produtos nos maceteiros, previo á plantación na horta. Unha vez que teñan crecido uns trece centímetros no maceteiro, pasámolas á horta. O chan debe estar húmido e debemos evitar as temperaturas moi baixas.